24.5.07

A noite incendiada


A noite esperta en chamas,
o quente ardor do ar
devora a terra galega,
comendo o seu verde chan
.


A miña terra galega devorada
obsérvase dende a mar,
as súas cinzas son arrastradas
ás augas da súa sal.

Ai, ti, a miña querida Galicia,
se as túas brasas apagar
puidese, eu non dubidaría
chorar para podelas sufocar.

Todo foi culpa da man humana,
todo por non axudar...
Ai, ti, a miña querida Galicia,
se as túas brasas soubese apagar...

Miña terra verde soñada
coa choiva volve espertar,
virán de novo as bolboretas
e os teus verdes prados renacerán.


Autor: Xulio Domínguez González

No hay comentarios.:

Publicar un comentario